Unha decena de itinerarios culturais europeos reuniranse a vindeira semana en Santiago de Compostela

01/11/2017 13:05

hosta

Unha decena de itinerarios culturais europeos reuniranse a próxima semana en Galicia para intercambiar estratexias en materia de turismo cultural. O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acollerá unha xornada de traballo impulsada por Turismo de Galicia no marco da conmemoración do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, que desde a semana pasada e ata finais de novembro conta cun amplo programa de actividades.  A capital galega, meta da peregrinación xacobea que inaugurou en 1987 este programa do Consello de Europa, será a sede desta xuntanza o próximo luns, día 6, coa participación dos camiños de Santiago de Compostela, as Rutas dos Vikingos, o Itinerario Europeo do Patrimonio Xudeu, os Camiños da Viña (Iter Vitis), a Ruta das Abadías Cistercienses, a Ruta Europea dos Cemiterios, os Camiños da Arte Rupestre Prehistórica, o Itinerario Europeo das Vilas Termais Históricas e a Ruta dos Fenicios. Trátase de itinerarios con características moi diversas e presenza na nosa Comunidade a través dos que se desenvolven uns valores que favorecen a cooperación cultural, a valoración do patrimonio e o enriquecemento persoal.

No marco do Ano Internacional de Turismo Sustentable, que se celebra en 2017 a proposta da Organización Mundial do Turismo (OMT), e coa vista no Ano Europeo do Patrimonio Cultural que terá lugar o próximo ano, este encontro impulsará a participación dos axentes interesados, dará a coñecer o traballo destes itinerarios culturais europeos e permitirá que se fomenten accións innovadoras no eido do turismo cultural, un ámbito clave en Galicia.

Os itinerarios culturais europeos, como subliña o Consello de Europa, son un modelo de xestión para poñer en práctica e fortalecer os seus valores fundamentais. Por medio deles, contribúese a preservar o patrimonio cultural e natural, a identidade e a diversidade. Son, ademais, base para o enriquecemento e o diálogo intercultural e para o desenvolvemento económico a través dun turismo sustentable como o que caracteriza a Galicia.

Este programa conmemorativo polo 30 aniversario completarase con actividades como o X Congreso Internacional de Estudos Xacobeos Iacobus Patronus, con especialistas de varios países coordinados polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago; e co seminario Transnational Tourism Themes and Routes, promovido por Turismo de Galicia, xunto á Organización Mundial do Turismo (OMT) e á European Travel Comission (ETC).

Escribe un comentario


*

Other News

  • Testimonios de peregrinos Antoine de Lalaing, un auténtico notario de su peregrinación a Santiago de Compostela en el año 1501

    Antoine de Lalaing, un auténtico notario de su peregrinación a Santiago de Compostela en el año 1501

    Señor de Montigny, Antoine de Lalaing fue caballero del Toisón de Oro y peregrinó a Santiago en el año 1501, según recoge la “Gran Enciclopedia del Camino de Santiago”, editada por Bolanda. Y peregrinó durante el viaje que llevó a cabo a España acompañando a Felipe el Hermoso. Además, escribió sobre el Camino, y en su capítulo IX de su “Relación”, primer libro, dejó dicho que desde Burgos, donde la comitiva había sido recibida por todo lo alto, él y […]

    Leer más →
  • Testimonios de peregrinos Del discurso vacuo de Alfonso XIII al impulso de Juan Carlos I

    Del discurso vacuo de Alfonso XIII al impulso de Juan Carlos I

    Alfonso XIII, bisabuelo del actual rey, pasó a la historia jacobea porque se convirtió en el primer monarca que presentó la ofrenda nacional al Apóstol en un año santo. El calendario marcaba el 25 de julio de 1909, y aprovechó que se encontraba en Compostela para inaugurar una exposición regional gallega. Con él estaba el presidente del Gobierno, que a la sazón era Antonio Maura. El rey, que no tenía ni el mínimo interés en el mundo jacobeo, hizo un discurso […]

    Leer más →
  • Testimonios de peregrinos En recuerdo de Julio Aznar

    En recuerdo de Julio Aznar

    Fue hace tres años, en Agosto del 2012, cuando llegué a Huesca, en plena feria y fiestas de la ciudad en honor a su santo patrón San Lorenzo, llegué a dicho albergue por la tarde y se encontraba cerrado, pero había un cartel indicando los nombres a los que debía acudir en caso de que estuviera cerrado, de los tres nombres que se anunciaban el único que atendió mi llamada ese fue Julio, que además lo había pillado en la […]

    Leer más →