Padrón reclama o seu lugar nas peregrinacións a e desde Santiago

19/07/2014 11:24

p3

Fillos de Padrón pretende dar a coñecer o profundo sentido histórico da peregrinación a esta vila a peregrinos e turistas de todo o mundo. Búscase, ademais, que axude a mellorar o desenvolvemento socioeconómico e cultural de Padrón e do resto dos concellos por onde discorre este Camiño. Rois, Teo Ames e Santiago. Isto tamén beneficiaría a Santiago, pois moitos peregrinos pernoctarían, como mínimo, un día máis na cidade para  camiñar ata Padrón.

Referencias a Padrón no Codex Calixtinus (S.XII)

O Codex Calixtinus, texto referencia xacobeo, nos deixa lugar a dúbidas:

  • O primeiro emperador paneuropeo, Carlomagno, viaxou ata Padrón: “Despois de ir visitar o sepulcro de Santiago, chegou  a Padrón sen achar resistencia e cravou unha lanza no mar, dando grazas a Deus e a Santiago por levalo ata alí, ao tempo que dicía que non puidera ir antes”. Lenda recollida no Libro IV.
  • Das sete portas de entrada a cidade de Santiago, só unha se cita como de saída a de padrón: “… a quinta, Porta Falqueira que leva a Padrón”. Libro V.
  • O mesmo sucede coas igrexas da cidade. So unha se vincula cun camiño de saída da cidade: “… a sexta, a de Santa Susana, virxe, que está á beira do camiño a Padrón”. Libro V.

P1

Afonso XI de Castela

O Rei Afonso XI de Castela armouse cabaleiro na Catedral en 1332. De seguido o monarca partiu de Santiago e foi a Padrón en romaría “… porque a aquel lugar chegou o corpo de  Santiago”   

Rodrigo de Luna (S.XV)

O arcebispo compostelán, Rodrigo de Luna, mellora as instalacións do hospital de peregrinos de Padrón. El mesmo explica o motivo : “ Por canto os fieis cristiáns que con moita devoción visitan cada día nosa igrexa de Santiago, continuando as súas romarías ate a nosa igrexa de Padrón”.

Testemuñas de Peregrinos

Temos moitas testemuñas de peregrinos que despois de chegar a Santiago continuaban viaxe cara a Padrón:

  • Nompar II, señor de Caumont, 1417. Na súa guía para futuros peregrinos narra: “Este é un lugar [Padrón] a onde o Señor Santiago chegou por mar; o corpo e a cabeza chegaron separadas nunha barca de pedra, todo isto sen intervención allea, e eu vin a barca á beira do mar”.
  • O nobre bohemio León de Rosmithal del Blatna, en 1467 despois de venerar os restos do Apóstolo foi tamén a Padrón: “Na vila de Padrón hai unha gran pedra que  cubriuse  de auga por orden do Papa, porque os peregrinos levábanse grandes anacos, e aínda vese moi ben na auga. Nesa mesma pedra veu por mar o corpo de Santiago, e sempre sobrenadaba, aínda vese na pedra a pegada do seu corpo, que quedou impresa milagrosamente na cera.”

 Sebald Ortel, de Nuremberg, Alemaña, 1522: “Partimos de Santiago o día de todos os Santos ao mediodía e chegamos a Padrón. Foron catro millas”.

  • Os duque de Nomtpersier, despois de facer a ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago, continúan viaxe cara a Padrón para venerar o Pedrón. Chegan o 28 de xullo de 1852.
  • O cardeal e arcebispo de Santiago, Martín Herrera, peregrina a Padrón o 28 de xullo de 1902. O motivo puido ser a entrega dunha reliquia á parroquia de Santiago de Padrón. Resaltando así a súa gran relevancia.
  • A inglesa, Annette Meakin, conta no seu Diario de Viaxe de 1907 que aínda lle explican: “a maioría dos peregrinos, despois de ter cumprido con Santiago, ían a Padrón a ver o lugar a onde o corpo do apóstolo chegara á terra”.

Tamén se poden citar, entre outras moitas, as peregrinacións do nobre silesio Nicolas de Popielovo en1484, e do tamén  nobre alemán Erich Lasssota de Steblovo en1582.

p2 

O abrazo ao Apóstolo

No século XVII na igrexa de Padrón realizábase o mesmo rito piadoso que na catedral compostelana, abrazando os peregrinos unha imaxe sedente de Santiago Peregrino, probablemente de estilo gótico, hoxe desaparecida. Fe diso dan as palabras do cardeal Jerónimo del Hoyo en 1606: “No altar maior está a imaxe do santo cunha escaleira por detrás, por onde soben e abraçan a devandita imaxe os peregrinos e romeiros e outras moitas persoas”. Este costume perdeuse fai moito tempo.

 

Escribe un comentario


*

Other News

  • Testimonios de peregrinos Informe de Ambrosio de Morales sobre Padrón (y III), en el Portugués

    Informe de Ambrosio de Morales sobre Padrón (y III), en el Portugués

    En 1572, Ambrosio de Morales recorrió España elaborando un informe para el rey Felipe II. De dicho informe presentamos la entrada de Padrón (entrega III y última), realmente interesante porque se refiere a hábitos de peregrinos. Respetamos la grafía original, lo cual puede dificultar un poco la lectura (faltan tildes y los criterios de mayúsculas no son los actuales, claro está). En Galicia y en Portugal à qualquiera piedra de estas, que se levanta en el Campo por señal, o […]

    Leer más →
  • Testimonios de peregrinos Ambrosio de Morales sobre Padrón (entrega II), en el Portugués

    Ambrosio de Morales sobre Padrón (entrega II), en el Portugués

    En 1572, Ambrosio de Morales recorrió España elaborando un informe para el rey Felipe II. De dicho informe presentamos la entrada de Padrón (entrega II), realmente interesante porque se refiere a hábitos de peregrinos. Respetamos la grafía original, lo cual puede dificultar un poco la lectura (faltan tildes y los criterios de mayúsculas no son los actuales, claro esta). Este lugar visitan los Peregrinos como muy principal de su romería, subiendo de rodillas las gradas que estan cabadas en la […]

    Leer más →
  • Testimonios de peregrinos Informe de Ambrosio de Morales sobre Padrón (entrega I), en el Portugués

    Informe de Ambrosio de Morales sobre Padrón (entrega I), en el Portugués

    En 1572, Ambrosio de Morales recorrió España elaborando un informe para el rey Felipe II. De dicho informe presentamos la entrada de Padrón (entrega I), realmente interesante porque se refiere a hábitos de peregrinos. Respetamos la grafía original, lo cual puede dificultar un poco la lectura (faltan tildes y los criterios de mayúsculas no son los actuales, claro esta).   Es una Villa rica y bien poblada quatro leguas de la Ciudad de Santiago, al Poniente, en el mismo sitio […]

    Leer más →