A Deputación da Coruña respalda aos concellos do Camiño Inglés

11/07/2017 9:58

concellos camiño ingles 1

Os deputados provinciais Xosé Regueira e Antonio Leira, reuníronse na Deputación da Coruña co alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago, Manuel Mirás. Nesta primeira toma de contacto entre os responsables das áreas de Turismo e Economía da institución provincial e a recén creada entidade, que agrupa a 14 dos 18 concellos polos que discorre o Camiño Inglés, acordouse que a asociación canlizará as propostas e ideas dos distintos municipios polos que discorre o itinerario para facerllas chegar á area de Turismo da Deputación, que comprometeu manter o apoio que vén prestando á promoción do Camiño.

A idea é dar aos concellos deste itinerario xacobeo o protagonismo na promoción desta ruta, que conecta os portos de Ferrol e A Coruña co corazón de Compostela. Así se fixo tamén no ciclo de activididades Primavera no Camiño Inglés, que por primeira vez reuiniu en Betanzos o pasado mes de abril aos dezoito municipios.

Dende a área de Turismo da Deputación informouse tamén á Asociación de que a institución provincial promocionará o Camiño Inglés na feira Fairway que se celebrará este outono en Compostela e noutras feiras turísticas nas que a institución provincial participa ao longo do ano.

Pola súa banda, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés ofreceu á Deputación participar nas asembleas e reunións da entidade, con voz pero sen voto. Unha proposta que a entidade planea facer chegar tamén á Xunta de Galicia, co obxecto de implicar a ambas administracións na planificación e  desenvolvemento de accións que contribúan a impulsar este itinerario. O deputado de Economía, Antonio Leira, representará á Deputación da Coruña nas reunións da entidade.

concellos camiño inglés 2

2 comentarios

  • Sería ben que esta Asociación de Concellos do Camiño Inglés, ademais do protagonismo na “promoción”, (turística), tivera tamén protagonismo na defensa, limpeza e mantemento do camiño.
    E tamén en coidar da súa integridade, porque ó paso que vamos, quedaranse coa promoción e sen camiño…….

  • ….e se queren unha mostra, que vallan ao Polígono de Vilar do Colo, no concello de Fene……

Escribe un comentario


*

Other News

  • Testimonios de peregrinos Antoine de Lalaing, un auténtico notario de su peregrinación a Santiago de Compostela en el año 1501

    Antoine de Lalaing, un auténtico notario de su peregrinación a Santiago de Compostela en el año 1501

    Señor de Montigny, Antoine de Lalaing fue caballero del Toisón de Oro y peregrinó a Santiago en el año 1501, según recoge la “Gran Enciclopedia del Camino de Santiago”, editada por Bolanda. Y peregrinó durante el viaje que llevó a cabo a España acompañando a Felipe el Hermoso. Además, escribió sobre el Camino, y en su capítulo IX de su “Relación”, primer libro, dejó dicho que desde Burgos, donde la comitiva había sido recibida por todo lo alto, él y […]

    Leer más →
  • Testimonios de peregrinos Del discurso vacuo de Alfonso XIII al impulso de Juan Carlos I

    Del discurso vacuo de Alfonso XIII al impulso de Juan Carlos I

    Alfonso XIII, bisabuelo del actual rey, pasó a la historia jacobea porque se convirtió en el primer monarca que presentó la ofrenda nacional al Apóstol en un año santo. El calendario marcaba el 25 de julio de 1909, y aprovechó que se encontraba en Compostela para inaugurar una exposición regional gallega. Con él estaba el presidente del Gobierno, que a la sazón era Antonio Maura. El rey, que no tenía ni el mínimo interés en el mundo jacobeo, hizo un discurso […]

    Leer más →
  • Testimonios de peregrinos En recuerdo de Julio Aznar

    En recuerdo de Julio Aznar

    Fue hace tres años, en Agosto del 2012, cuando llegué a Huesca, en plena feria y fiestas de la ciudad en honor a su santo patrón San Lorenzo, llegué a dicho albergue por la tarde y se encontraba cerrado, pero había un cartel indicando los nombres a los que debía acudir en caso de que estuviera cerrado, de los tres nombres que se anunciaban el único que atendió mi llamada ese fue Julio, que además lo había pillado en la […]

    Leer más →